Os gastos de participación das empresas galegas nas diferentes actividades recibirán apoio económico da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e as Cámaras de Comercio de Galicia nas porcentaxes que, con carácter xeral, a continuación se detallan:
Misións comerciais directas, promociones, encontros empresariais, expocatalogotecas
-
60% dos gastos de viaxe e aloxamento dun representante de cada empresa.
-
60% dos gastos de intérpretes.
-
60% dos gastos de envío de catálogos necesarios para a preparación do programa de traballo.
-
60% dos gastos de organización do programa de traballo, se é o caso.
Participación en feiras
- 60% dos gastos de aluguer de espazo e stand.
-
60% dos gastos de viaxe e aloxamento de ata dúas persoas por empresa.
-
60% dos gastos de intérpretes e azafatas.
-
60% dos gastos de envío de mercancía e catálogos.
Visita a feiras
-
40% dos gastos de viaxe e aloxamento dun representante de cada empresa.
-
40% dos gastos de entrada á feira.
-
40% dos gastos de intérpretes.
Misións comerciais inversas
-
100% dos gastos de desprazamento e estancia en Galicia das empresas estranxeiras participantes.
-
100% dos gastos de intérpretes.
Becarios promotores
O FOEXGA dispón de becarios promotores destinados en distintos países cuxa función primordial, entre outras, é a de apoiar a organización de misións comerciais nos seus respectivos mercados. |